martes, 13 de abril de 2010

Curso OFOE




Foto editada por Mau Alcántara





A OFicina de Orientación ao Emprego (OFOE) fa unha presentación do seu servizo ao alumnado de últimos cursos
de tódalas titulacións impartidas na Facultade de Educación e Historia do Campus de Ourense por considerar que podemos axudarlle na súa incorporación ao mundo laboral a través das nosas principais actuacións:

- orientación e asesoramento individualizado para a elaboración dun itinerario personalizado para a busca de emprego;

- formación para a busca de emprego (elaboración de cartas de presentación e curriculum vitae, entrevistas de traballo, ...);

- xestión e difusión de ofertas de emprego de perfil universitario;

- difusión de bolsas que faciliten unha primeira toma de contacto co mundo laboral (programa Leonardo da Vinci, bolsas propias de grupos de empresas, ...).

MARTES 20 de Abril de 12:00h a 13:00h AULA MULTIUSOS.




No hay comentarios:

Publicar un comentario